top of page

José Mª Fonseca Moretón, novo ponente de "100 Consellos para o 2016".




Continuamos desvelando a nosa lista de ponentes para o II Encontro de Directivos Líderes de Galicia "100 Consellos para o 2016" con José María Fonseca Moretón, Presidente das Bodegas Terras Gauda.


O Grupo Terras Gauda está constituido por tres bodegas: Bodegas Terras Gauda, Viñedos e Bodegas Pittacum e Quinta Sardonia,e pola converveira vexetal A Rosaleria. Bodegas Terras Gauda foi fundada no Val de O Rosal, dentro da Denominación de Orixe Rías Baixas, con unha producción inicial de 37.000 botellas da colleita 1990. Na actualidade, con 160 hectáreas de viñedos, comercializa máis de 1,5 millóns de botellas. No 2002 Bodegas Pittacum, na Denominación de Orixe Bierzo, pasou a formar parte do Grupo para elaborar tintos de calidade a partir de un viñedo vello e con crianza en carballo. No 2010 incorpórase ao Grupo a bodega Quinta Sardonia, en Sardón do Duero, na que elaboran uns viños tintos de alta gama baixo os principios da biodinámica. Por último, diversificaron a liña de negocio no 2008 con A Rosaleira, fábrica artesanal de conservas vexetais. A firma logrou incrementar as súas vendas un 11,5% o pasado exercicio grazas á internacionalización dos seus productos. Terras Gauda obtivo un volume de facturación de 10,9 millóns tras lograr a súa implantación en sete novos mercados: Malasia, Nova Zelanda, Hungría, Singapur, Taiwán, Perú e Panamá. Tamén potenciou as súas vendas en países xa explorados como Xapón, China, Bélxica, Dinamarca, Suiza e Alemania. Con todo, os principais mercados do Grupo Terras Gauda -que exporta a 57 países- seguen sendo Estados Unidos, Reino Unido, Canadá, México, Noruega e Holanda. www.terrasgauda.com


Poderedes disfrutar da súa ponencia a mañan do 3 de Febreiro do 2016 no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela. #100Consellos2016


Noticias Destacadas
Noticias Recientes
Archivo
Buscador por Tags
No hay tags aún.
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
bottom of page