Emma Lustres Gómez, nova ponente de "100 Consellos para o 2016"
Continuamos desvelando a nosa lista de ponentes para o II Encontro de Directivos Líderes de Galicia "100 Consellos para o 2016" con Emma Lustres Gómez, Productora e Cofundadora de Vaca Films.
Vaca Films nace a principios do 2003 como productora cinematográfica con base en Galicia para desenvolver e producir proxectos destinados ao mercado nacional e con alta capacidade de internacionalización. Dirixida polos productores Emma Lustres e Borja Pena, forma parte dos principais foros do sector: FAPAE (Federación de Productores), AEC (Asociación Estatal de Cine) e AGAPI (Asociación Gallega de Productores). Ademáis tanto Emma Lustres como Borja Pena son membros da Academia de Cine Español e da Academia de Cine Europeo respectivamente.
A principal liña de traballo da productora é a producción de longametraxes cinematográficas, tratando sempre de facer proxectos que poidan atraer a un amplio público e que combinen calidade con comerciabilidade. Nos seus 10 anos de andanzas tamén levou a cabo proxectos directamente para televisón, especialmente tv movies.
Entre a súa filmografía encóntranse as longametraxes: Somne (Isidro Ortiz), Cargo (Clive Gordon), La Zona (Rodrigo Plá), Déjate caer (Jesús Ponce),Celda 211 (Daniel Monzón), Retornos (Luis Avilés), Secuestrados (Miguel Ángel Vivas) Invasor (Daniel Calparsoro), Lobos de Arga (Juan Martínez Moreno), También la lluvia (Icíar Bollaín) y Somos Gente Honrada (Alejandro Marzoa); e os telefilmes El partido e El tesoro. Recentemente sacaron: El niño (Daniel Monzón), Welcome to Harmony (Miguel Ángel Vivas) e El desconocido (Dani de la Torre).
Cabe facer unha mención especial para “CELDA 211”. Estrenouse o 6 de novembro do 2009 e, tras estar no cartel máis de 6 meses, a súa recaudación en España superou os 13 millóns de euros, o que a convertiu en unha das películas de máis éxito na historia recente do cine español. Ademáis, o traballo foi premiado con 8 Goyas, entre os que destacan o de Mellor Película, Mellor Director e Mellor Actor para Luis Tosar. A película foi vendida practicamente en todos os países do mundo, e tivo unha gran acollida en prestixiosos festivais internacionais como os Festivais de Venecia, Toronto ou Sitges. www.vacafilms.com
Poderedes disfrutar da súa ponencia a mañan do 3 de Febreiro do 2016 no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela. #100Consellos2016
Comments