top of page

Constantino Fernández Pico, novo ponente de "100 Consellos para o 2016".


Continuamos desvelando a nosa lista de ponentes para o II Encontro de Directivos Líderes de Galicia "100 Consellos para o 2016" con Constantino Fernández Pico, Presidente de Altia e do Real Club Deportivo de la Coruña. Accionista e socio nº 1.722. Entrevista - VTelevisión


Altia, fundada en 1994, desenvolve a súa actividade no campo da Consultoría en Tecnoloxías da Información e Comunicacións. É unha compañía de capital privado independente, sin vinculación con grandes grupos do sector TIC, industriais ou financieiros, que basou o seu crecemento na súa vocación de servicio e compromiso cos clientes. As súas actividades están orientadas á aportación de solucións que permitan a mellora da productividade, calidade, servicio e resultados en todos os sectores da actividade económica: Administracións Públicas, Banca, Telecomunicacións, Industria e Servizos. A empresa coruñesa de consultoría e tecnoloxías da información con unha facturación de casi 54,1 millóns de euros no 2014, pechou o pasado exercicio con un beneficio de 4,5 millóns de euros, un 51% superior ao que obtivo ao peche do 2013. www.altia.es


O Real Club Deportivo de La Coruña é un Clube de fútbol fundado na ciudade da Coruña no ano 1906 e que ao longo da súa xa centenaria historia logrou, como hitos máis destacados, un Campeonato de Liga de Primeira División (2000), dúas Copas de España – Copa da SM O Rei (1995 e 2002) e tres Supercopas de España (1995, 2000 e 2002). www.canaldeportivo.com


Poderedes disfrutar da súa ponencia a mañan do 3 de Febreiro do 2016 no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela. #100Consellos2016




Noticias Destacadas
Noticias Recientes
Archivo
Buscador por Tags
No hay etiquetas aún.
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
bottom of page