top of page

3 de Febreiro do 2016. ¡Xa temos data para "100 Consellos pra o 2016"!



Xa temos data para o II Encontro de Directivos Líderes de Galicia "100 Consellos para o 2016". A mañá do mércores 3 de Febreiro do 2016, de 09:00 a 15:00, celebrarase no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela, o encontro para empresarios e emprendedores #100Consellos2016.


Neste acto reuniremos a 10 conferenciantes do máis alto nivel en xestión e dirección empresarial, para que, durante os 20 minutos de cada intervención, aporten unha visión persoal do sector para o 2016. O obxectivo da xornada é ofrecer aos 500 asistentes un total de 100 consellos (ideas) útiles, positivos e necesarios para mellorar a xestión dende a dirección. Así mesmo, crearase o contexto idóneo para establecer contactos entre empresarios e contribuirase a impulsar os novos proxectos empresariais da nosa comunidade.


A inscripción neste encontro pódese realizar a través do formulario de inscripción da páxina web. As principais Asociacións Empresariais de Galicia, así como as entidades e empresas colaboradoras, recibirán paquetes de invitacións para os seus asociados. Aquelas persoas con invitación terán preferencia a hora de completar o aforo.


¡Non vos perdades #100Consellos2016!







Noticias Destacadas
Noticias Recientes
Archivo
Buscador por Tags
No hay tags aún.
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
bottom of page